Co fin de conmemorar o día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, e de contribuír á desaparición do maltrato á muller, o concello do Rosal convoca un concurso de Haikus. Nesta ocasión irá acompañado dunha imaxe, debuxo, etc.
Este é o segundo ano consecutivo que se celebra este concurso que no ano 2017 tivo moito éxito de participación.
O Haiku é un xénero poético de orixe xaponesa que constan de tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou a vida cotiá.
As bases do concurso están na web e nas redes sociais do concello. A data límite de entrega da obra é o martes 20 de novembro de 2018.