DO-MAJÓ

Este sábado, día 20 de xullo, o Auditorio de San Bieito acolle a II edición de «La Guardia en Danza», un evento organizado polo Centro DO-MAJÓ en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

Este evento, con entrada de balde, arranca ás 20:30h contando con varias exhibicións de Danza Moderna, Hip-Hop, salsa entre outros.

Participará o grupo de danza moderna do Centro DO-MAJÓ e escolas de Vigo e do Baixo Miño con espectaculares exhibicións cheas de orixinalidade. Un espectáculo de música e danza ao ar libre onde ademais se sortearán varios premios.