Manuela Rodríguez Pumar

Este sábado, 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, na Praza das Escolas Vellas (diante do centro de saúde), o BNG organiza unha festa en Gondomar en que, ademais de conmemorar o Día da Patria nas vésperas do 25 de Xullo, celebrarán a recuperación da representación institucional no concello.

No acto intervirán Daniel Domínguez, de Galiza Nova, Xosé Manuel Marcote, en representación da Executiva Nacional, e a recén electa concelleira, Manuela Rodríguez Pumar, Portavoz Municipal do BNG.

O BNG de Gondomar convida a quen desexar á participar neste pequeno convivio de celebración e de reivindicación.