Apertuke 2018

Nigrán acollerá o próximo fin de semana, 14 e 15 de setembro, o II Festival de Percusión Afrobrasileira  “Apertuke”, organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileiros Aperta coa colaboración do Concello e Deputación de Pontevedra”.

Durante dous días haberá concertos, batukadas, obradoiros infantís, pasarrúas, circo e animación de rúa, ademais dun obradoiro de percusión impartido por Antonio Monedero.

Programa

Sábado 14:

  • Durante a mañá se desenvolverá o obradoiro. Xa pola tarde e noite, actuarán Aperta, Trópico de Grelos, Os da Caña batucada, Shambaiala, Konafro, Harapos Ensemble, Blue Monk e Stropharia Cubensis DJ.
  • O festival contará tamén cun espazo de xogo infantil de Miudíño e a animación correrá a cargo de Jano Sen Medidas e Asaco Circo.

Domingo 15:

  • A programación continuará o domingo 15 a partir das 13:00 horas, cun gran pasarrúas que percorrerá o paseo de Panxón con tódolos participantes no obradoiro do sábado.

Tódalas actividades, agás o obradoiro, son gratuítas e terán lugar no complexo deportivo municipal “Dunas de Gaifar” en Panxón. No recinto haberá barra, postos de comida e artesanía.

O espazo público de Dunas de Gaifar contará ademáis con obradoiros de percusión, espazos para xogos infantís con “Miudiño” e animación con “Jano sen medidas” e “Asaco Circo”.