O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ás concelleiras de Urbanismo, Mª Jesús da Silva, e  Persoal, Mila González e ao concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, deron hoxe a benvida á nova Técnica de Administración Xeral do Departamento de Urbanismo, Miriam Piñeiro Rodríguez.

A nova técnica substitúe á anterior no seu cargo de Urbanismo que arestora está de baixa laboral. O horario de atención ao público será os mércores de 9:00 a 14:00 horas.