A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro, o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. 

Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.

A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomis, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.

A entrada será gratuíta e para todos os públicos.