
A terceira xornada do festival de Cans volveu a estar marcada polas emocións fortes, como xa ocorrera na sesión do mércores coa homenaxe ao música vasco Kepa Junkera. Nesta oportunidade o protagonismo foi para a actriz e veciña de Cans, Janet Novás, quen trouxo a aldea o primeiro Goya que obtén unha persoa da aldea, despois de resultar gañadora na última edición dos premios do galardón a Mellor Actriz Revelación. Novás participou o xoves no Torreiro nun interesante coloquio xunto a directora de “O Corno”, Jaione Camborda.
Janet Novás confesou a súa emoción por volver a Cans co premio recentemente obtido e mostrouse moi agradecida pola confianza amosada por Jaione Camborda para elixila para un papel tan especial. “Ter a confianza dun director e o máis importante para una actriz”, indicou Novás quen sinalou tamén que non pensa deixar de lado o seu traballo como bailarina malia o seu recente éxito con “O Corno”.
Pola súa banda, Camborda sinalou que para ela Janet xa era unha actriz “aínda que non tivese traballado nunha película” e so lle faltaba por dominar algún recursos técnicos que se adquiren coa práctica. “Actor e director sempre teñen que construír unha relación especial e iso foi o que pasou con Janet e creo que pode verse no filme”, engadiu a realizadora. Despois do éxito obtido ao gañar a Concha de Oro en San Sebastián, “O Corno” está a ter unha importante distribución internacional e mesmo xa leva case dous meses de exhibición en Francia. Algúns fragmentos da película xa se viran na anterior edición de Cans, cando a película aínda non se estreara.
Outro filme que ten conexión temáticas con “O Corno” é a película do director catalán Pau Teixidor, “Alumbramiento”, que esta noite servirá como apertura oficial do Festival de Cans no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño. Teixidor explica que a o filme tivo como punto de partida o descoñecemento que existía sobre a trama de bebés roubados nos anos 80 en España. “Eu mesmo non sabía nada sobre o tema e por iso xurdiu a idea de facer unha película sobre este tema”.
Teixidor indica que en “Alumbramiento” mestúranse distintos xéneros –drama, terror, musical, aventuras—e asegura que non hai unha intención didáctica e agarda que o espectador do ano 2024 poida interesarse por ela, aínda que fale de feitos ocorridos hai 40 anos. “E unha historia na que hai moitos puntos grises e sobre a que e case imposible chegar a unha solución satisfactoria para as persoas que participaron na mesma”, apunta o realizador. No filme participa a actriz galega María Vázquez, que asistirá hoxe a preestrea xunto á protagonista da mesma Sofía Milán.
A xornada de hoxe concluirá preto da media noite co fin do concurso de videoclips musicais da Noite Lasal, que terá lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño.
Grande Amore substitúe a Susana Seivane
Por motivos alleos ao Festival de Cans relacionados con causas de forza maior da artista, o evento vese obrigado a cancelar a actuación prevista de Susana Seivane no Invernadoiro, que ía ter lugar o sábado ás 20:00. A organización lamenta o inconvinte e vaise proceder á devolución do importe das entradas adquiridas para o concerto.
O artista que ocupará o lugar de Susana Seivane será Grande Amore que ademais presentará en exclusiva un avance da curta «Hippocampus», guionizada polo líder da formación Nuno Pico e dirixida por Xaime Miranda. Tamén haberá unha retrospectiva dos videoclips realizados por Miranda para Grande Amore, que terá lugar no Jalpón de Juan e Mucha do Peso. As entradas para o concerto poderán mercarse no posto de merchandising do festival dende o venres 24 ás 18 horas. O prezo será de 5 euros e o concerto terá lugar o sábado ás 20:00, mesmo horario da actuación inicialmente prevista.
Programación venres
10.00 h. Cans do Futuro. Encontro didáctico “Oficios Invisibles” con Noemí Chantada. Baixo de Bugarín.
10.00 h. Café con CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia): encontro con «Societé Acéphale» e Xoan Escudero . Baixo de Carlos.
10.30 h. Roteiro literario-cinéfilo co escritor Carlos Meixide. Saída do Torreiro de Cans.
11.30 h. A que andas? Avance de filmes en fase de guión coa colaboración de AGAG (Asoc. Galega de Guionistas) con Eloy Enciso, María Yáñez, Álvaro F. Pulpeiro, Sara Casasnovas,
Noemí Chantada e Pedro Díaz. Baixo de Carlos.
12.00 h. Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.
12.00 h. Programa “3 en la carretera” de Radio 3 con Isabel Ruiz Lara. Bodega da Sra. Alicia.
12.00 h. Programa “Expreso de cercanías” de Sí Radio Torreiro de Cans.
13.00 h. Coloquios Fundación AISGE: “Diálogo entre Tamar Novas e María Vázquez”. Torreiro de Cans.
16.00 h. Fillxs de Cans. Primeiras imaxes dos novos filmes de Margarita Ledo, Coral Piñeiro e Fran Rodríguez, Xosé Zapata, Ariadna Silva e Alejandro Gándara e Miguel Ángel
Delgado. Baixo de Carlos.
17.30 h. Proxección da longametraxe “As Neves” de Sonia Méndez con Sonia Mendez, Nati Juncal e e os protagonistas do filme. Baixo de Bugarín.
18.00 h. Retrospectiva videoclips Lontreira con Adri Cores e Héctor Rodríguez ROTCE. Cuberto de Juan e Mucha do Peso. Invernadoiro.
19.00 h. Apertura Intervención de Rei Zentolo. Cuberto de Juan e Mucha do Peso. Invernadoiro Rei Zentolo.
19.30 h. Apertura Exposición «O Bichero”. Cans Voulevar, estrada de Cans.
20.00 h. Concerto Paco&Lola: Lontreira. Torreiro de Cans.
21.00 h. Colocación de estrela de María Vázquez. Torreiro de Cans.
21.30 h. Procesión de chimpíns e pasarrúas coa «Treboada Muimenta”. Saída desde o Can de Pedra ata o Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
22.00 h. Noite das Homenaxes. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. Presentado por Keka Losada.
• Estrea documental, “Vinte en Cans” de Javi Sobrado da ed. 2023.
• Presentación Xurado Seccion Oficial.
• Entrega premios Concurso oficial Noite Lasal Videoclips.
• Entrega Chimpíns de prata: Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Luis Davila e Fermina do Pouso.
• Entrega Premio Pedigree 2024: María Vázquez.
23.30 h. Concerto: Combo Paradiso. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
01.00 h. Discochimpín La Pócima: The Incredible Peón Kurtz DJ. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
