O alcalde socialista de Nigrán e cabeza de lista ás eleccións municipais do 26 de maio, Juan González, presenta este venres, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Nigrán a súa candidatura nun acto público aberto á participación da veciñanza, a quen precisamente invita a asistir.
Esta primeira xuntanza, así como as que manterá en cada parroquia, (a seguinte delas en Priegue o sábado 11 ás 20:30 no Centro Cultural O Torreiro), ten como obxectivo non só presentar as propostas do partido socialista para os vindeiros catro anos, senon tamén escoitar os desexos ou as preguntas dos veciños e veciñas.
Así, nesta lista que concorre as elección do 26 de maio repiten nos mesmos postos Raquel Giráldez Armas, actual teniente de alcalde, concelleira de Facenda, Desenvolvemento Local e Contratación no número 2; Diego García Moreira, concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal no número 3; Rubén Rial Sánchez, concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade no número 4; José Luis Sanromán Román, concelleiro de Educación e Deportes no número 6; e Alfonso Vázquez, concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio no número 7. Como novidade, incorpórase no número 5 Nuria Lorenzo, veciña de Chandebrito catedrática de Canto, solista e directora coral. Os seguintes postos o conforman persoas tamén moi comprometidas socialmente e que pertencen as filas do PSOE, como as mestras Bibiana Peixoto e Marina Vidal no número 8 e 9 respectivamente. Patricia Diego Travieso Cristina Dosil María Mayán Areal
Candidatura Socialista
1. Juan A. González Pérez
(Alcaldía) San Pedro
- Raquel Giráldez Armas
Panxón. Teniente de Alcalde. Concelleira de Economía, Facenda, Contratación e Emprego. Diplomada en Empresariais.
- Diego García Moreira
Camos. Concelleiro de Urbanismo, Mobilidade, Medio Ambiente e Persoal. Avogado-Economista.
- Rubén Rial Sánchez
Nigrán. Concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade. Bombeiro do GES
- Nuria Lorenzo López
Chandebrito. Licenciada en Música e Diplomada en Maxisterio.
6.- José Luis Sanromán Román
Priegue. Concelleiro de Educación e Deportes. Xubilado
- Alfonso Vázquez Pérez
Parada. Concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio. Xubilado
- Bibiana Peixoto Iglesias
San Pedro – Vilariño. Mestra.
9. Marina Vidal Lorenzo
Panxón. Mestra.
- Patricia Diego Travieso
San Pedro. Perruqueira.
- Cristina Dosil Valverde
Parada. Empregada automoción.
- María Mayán Areal
Priegue. Auxiliar de enfermaría.
- Ladislao Alonso Valverde
San Pedro. Xubilada.
- Mariluz Pérez Vidal
Camos. Cociñeira.
- José Fernández Rodríguez
Nigrán. Xubilado.
- Luciano Iglesias Costas
Chandebrito. Xubilado
- Auri Brión Toucedo
Panxón. Ordenanza.
- Jesús Costas Grabín
Xubilado. Nigrán
- Joaquina Barros Sanromán
Panxón. Secretaria de Alcaldía. Diplomada en Relacións Laborais.
- Rafael Castro de la Cruz
San Pedro. Licenciado en Químicas.