O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás municipais, Juan González, presenta este venres 12 de maio ás 20:30 no Auditorio Municipal, a súa nova candidatura para gobernar Nigrán os vindeiros 4 anos, sendo este o seu primeiro acto de campaña, polo que esbozará os principais retos para o que sería o seu terceiro mandato.
As seguintes citas serán parroquia a parroquia:
- Sábado 13 ás 20:00 horas en Priegue.
- O domingo 14 ás 12:00 en no Centro Cultural Parada do Miñor.
- O venres 19 ás 20:30 no local da Asociación de Veciños en Panxón.
- O domingo 21 ás 12:00 en Chandebrito.
- O xoves 25 ás 20:30 no Centro Cultural ‘A Camoesa’.
- O venres 26 ás 20:30 horas clausura na Alameda da Ramallosa.
Juan González aposta novamente polo seu núcleo actual de goberno e incorpora tres caras novas para concurrir ás eleccións do 28 de maio co obxectivo de culminar proxectos en marcha e emprender novos retos. Así, suma no número 4 a Sara Penedo Vázquez (veciña de Panxón de 27 anos e licenciada en Ciencias do Deporte), no 5 a Estela Pérez Pérez (licenciada en Maxisterio e quen xa fora concelleira nos anos 2007-2010) e no 7 a Roberto Garrido Pereira (veciño de Nigrán de 34 anos licenciado en Historia). “Mantemos o núcleo de goberno co relevo natural que se pode producir despois de 8 anos de goberno, por iso incorporamos a tres persoas mozas, con solvencia académica e persoal e que, en definitiva, cremos que teñen moito que aportar a Nigrán”, sinala o rexedor.
«Somos conscientes de que quedan moitas cousas por facer en cada parroquia e estamos desexando levalas adiante. Temos un proxecto en marcha desde 2015 que non se pode parar. Estes anos de bagaxe deixan clara unha forma de xestionar próxima, accesible e amable: poñemos o corazón en todo o que facemos. Seguiremos sendo un goberno atento, formado por veciños comprometidos socialmente, cos pés na terra, e que atenden fielmente as necesidades dos seus concidadáns«, sinala González, quen manifesta “a mesma ilusión e as mesmas ganas”. «Atrás quedan dous mandatos de intensos cambios en Nigrán. No 2015 iniciamos en minoría proxectos que con esforzo e paixón fomos quen de levar adiante e xa desde o 2019, con amplia maioría, fomos acadando outros logros e, ao mesmo tempo, establecendo novos retos ilusionantes que están a piques de florecer.»
“A miña vida é Nigrán, é onde traballo, onde socializo, onde fago deporte, onde paseo, onde compro… todo o mundo me coñece como veciño antes de como alcalde, e por iso insisto sempre en que eu non quero gobernar para a maioría, eu quero gobernar para todos e todas, sen excluír nunca a ninguén. O meu compromiso e a miña ilusión por seguir avanzando é absoluto”, remata.
Así, nesta lista que concorre as elección do 28 de maio repiten Rubén Rial Sánchez, actual concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade; Diego García Moreira, actual concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal; estrease no número 4 Sara Penedo Vázquez (veciña de Panxón de 27 anos e licenciada en Ciencias do Deporte) e tamén no número 5 a veciña de Chandebrito Estela Pérez Pérez (licenciada en Maxisterio e quen xa fora concelleira nos anos 2007-2010); xa no número 6 sitúase Bibiana Peixoto, actual concelleira de Servizos Sociais; seguida no 7 de outra cara nova, Roberto Garrido Pereira (veciño de Nigrán de 34 anos licenciado en Historia) e a continuación os actuais concelleiros Cristina Dosil, Patricia Diego, Alfonso Vázquez, María Mayán, Ladislao e Mari Luz Pérez Vidal. Pechan a candidatura Aurea Brión, Alfonso Suárez, Luis Sanromán e Marina Vidal (actuais concelleiros de Deportes e Educación, respectivamente), Joaquina Barros (secretaria de Alcaldía), Luciano Iglesias e José Rodríguez Fernández.
CANDIDATURA SOCIALISTA
- Juan A. González Pérez. Alcalde de Nigrán. Historiador. San Pedro
- Rubén Rial Sánchez. Tenente de Alcalde. Concelleiro de Vías e Obras, Limpeza, Servizos Urbáns e Seguridade. Bombeiro do GES. Nigrán.
- Diego García Moreira. Concelleiro de Urbanismo, Mobilidade, Medio Ambiente, Réxime Interior e Persoal. Avogado-Economista. Camos
- Sara Penedo Vázquez. Panxón. Licenciada en Ciencias do Deporte. Panxón
- Estela Pérez Pérez. Chandebrito. Licenciada en Maxisterio. Chandebrito
- Bibiana Peixoto Iglesias. Concelleira de Servizos Sociais. Mestra. San Pedro
- Roberto Garrido Pereira. Nigrán. Licenciado en Historia. Nigrán
- Cristina Dosil Valverde. Concelleira de Turismo, Xuventude e Participación Cidadá. Operaria de automoción. Parada
- Patricia Diego Travieso. Concelleira de Igualdade, Voluntariado e Comercio. Perruqueira. San Pedro
- Alfonso Vázquez Pérez. Concelleiro de Sanidade, Abastos, Mercados, Turismo Social e Festexos Populares. Xubilado. Parada
- María Esperanza Mayán Areal. Concelleira de Terceira Idade. Auxiliar de Enfermaría. Camos
- Ladislao Alonso Valverde. Concelleiro de Relacións Veciñais, Medio Rural e Actividades Marítimas. Xubilado. San Pedro
- Mariluz Pérez. Concelleira. Xubilada. Camos
- Aurea Brión Toucedo. Panxón. Xubilada. Panxón
- Alfonso Suárez Gameiro. San Pedro. Xubilado. San Pedro
- Luis Sanromán Román. Concelleiro de Deportes. Xubilado. Priegue
- Marina Vidal Lorenzo. Concelleira de Educación. Mestra. Panxón
- Joaquina Barros Sanromán. Secretaria de Alcaldía. Diplomada en Relacións Laborais. Panxón
- Luciano Iglesias Costas. Chandebrito. Xubilado. Chandebrito
