REDES SOCIALES

El pasado viernes por la mañana la única médica que atendía el Centro de Salud de O Rosal tuvo que desplazarse acompañando en la ambulancia a un paciente al Hospital Álvaro Cunqueiro. En su ausencia se presentó una segunda persona con necesidad de atención médica de urgencias. La paciente tuvo que ser atendida por la facultativa jubilada, no contratada para atender este tipo de situaciones.

Además, la falta de ambulancia obligó al servicio de emergencias 061 a enviar un helicóptero con base en Ourense para desplazar a esta persona hasta el hospital. El aparato aterrizó en un aparcamiento municipal a 230 metros del Centro de Salud, y la paciente tuvo que ser llevada hasta la aeronave en camilla por los médicos del helicóptero, enfermeros del PAC de O Rosal y por miembros de Protección Civil.

La alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, visitará el lunes el Centro de Salud para hablar con el personal sobre lo sucedido. “Isto é algo moi grave. Dende o Concello do Rosal, dende a Plataforma pola Sanidade Pública do Rosal e tamén dende a Mancomunidade do Baixo Miño levamos moitos meses manifestándonos e reclamando ao goberno da Xunta de Galicia e ao SERGAS que cumpran coa súa obriga e doten aos centros de saúde do Baixo Miño do persoal sanitario e dos medios precisos para atender con garantía e seguridade ás persoas que vivimos na comarca. Non se pode ter a unha única médica atendendo todo un centro de saúde nun municipio cunha poboación de 6.450 persoas, porque isto supón poñer en risco a vida das veciñas e veciños”, señala la alcaldesa.

Desde el Concello de O Rosal adelantan que tomarán las medidas que consideren apropiadas seguir exigiéndole a la Xunta que de una vez por todas dote a los servicios de atención del personal y de los medios precisos, antes de que suceda una tragedia. “Non facelo é xogar coa vida e coa saúde de todas e todos nós”.

Por su parte, en un comunicado remitido a los medios, el colectivo de profesionales de la Unidade de Atención Primaria da Guarda, conformado por el personal de los centros de salud de A Guarda, O Rosal y Oia así como del PAC da Guarda, manifiestan “a nosa sincera preocupación polos feitos acontecidos no concello do Rosal na mañá do venres 20 de maio, donde unha paciente tivo que ser trasladada en padiola, empurrada manualmente polo persoal do centro e de emerxencias do 061, ata o helicóptero do 061 que estaba a 230 metros do centro de saúde por falta de ambulancia. O Centro de Saúde do Rosal, con 3 prazas de médico de familia, está a ser atendido no seu conxunto desde hai cinco meses por unha soa médica. Adicionalmente e, para soporte e colaboración en tarefas estritamente administrativas, conta co apoio dunha facultativa xubilada”, indican.

Afirman desde este colectivo que es «indigno para unha persoa verse publicamente exposta ao punto de ser trasladada manualmente pola vila debido á carencia dos recursos adecuados. Por todo isto, manifestamos a nosa repulsa ante o que consideramos un prexuízo para os nosos doentes e para nós como profesionais. Cabe dicir que, ao mesmo tempo, deuse na Guarda outra situación que requiría da atención urxente dunha ambulancia. Sumemos a isto que os nosos insuficientes recursos móbeis son requiridos en non poucas ocasións para a atención de casos en zonas afastadas como Mondariz ou a Caniza».

«En definitiva«,- dicen- «ponse de manifesto que o Baixo Miño non ten unha dotación suficiente de ambulancias asistenciais. Reivindicamos unha ambulancia medicalizada para o Baixo Miño, xa que a máis achegada actualmente se localiza no concello de Mos, a máis de 50 km do punto máis afastado da nosa zona. O Sergas alega habitualmente que estas son situacións improbábeis, pero queda claro que se poden dar e poden ter un desenlace tráxico. No que levamos de mes, o helicóptero tivo que acudir en 4 ocasións á nosa área, o que fala desta insuficiente dotación de recursos».