FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Estar a carón do Paseo Carlos Casares e da escultura da Galiña Azul é ter presente tódolos días a figura do escritor, por iso A libraría Libraida e a taparía A Galiña do Ardora de Gondomar organizan, este xoves as 20:30 horas, “unha tapa con Carlos Casares”.

Libraida e A Galiña do Ardora organizan de maneira conxunta, o último xoves de cada mes ao longo do ano 2017, unha homenaxe a Carlos Casares cun acto que se desenvolverá na libraría e na taparía.

O acto estará dividido en dúas partes: Na primeira, unha persoa convidada achegará unha das obras de Carlos Casares. Na segunda, se compartirá unha lectura de textos escollidos e recollidos en Á Marxe mentres se degusta unha tapa na taparía.