Portada do libro

Este venres, 22 de decembro as 20:30 horas, no Centro Cultural da Guarda terá lugar a presentación do libro Salcidos en Branco e Negro, unha recompilación fotográfica da parroquia salcidense que recolle máis de 400 fotografías coas que os veciños poderán desfrutar este Nadal.

Este libro é froito da ilusión e do traballo dun grupo de veciños da parroquia que quixeron recuperar o seu pasado e plasmalo nunha publicación que recollese, a través das imaxes, parte da historia dos seus veciños, amigos e familiares. A publicación foi sufragado polas aportacións dos veciños que montaron o que eles mesmos bautizaron como “crowdfunding de aldea”, adquirindo por adiantado os libros a través duns vales que tuveron bastante éxito entre os veciños.

O sinxelo acto rematará coa proxección, cortesía de Grupo Sanroquiño, da fantástica película “O Pisco” que trata do estraperlo entre España e Portugal a mediados do século pasado, e do que Goian, e tamén Salcidos, ten moito que contar…

O evento ademais servirá para que aqueles que adquiriron os vales poidan retirar xa o rematar o evento os libros, aínda que tamén o poderán facer nos establecementos que colaboraron na venta a partires do día seguinte. Haberá tamén algúns exemplares a venda para aqueles que non tiveron a oportunidade ou non quixeron compralo por adiantado.

Os responsables da publicación queren invitar a todos os veciños a acercarse e participar neste proxecto de todos que é Salcidos en Branco e Negro e que esperamos siga gozando do apoio e o cariño de todos os veciños