O CEIP Mestre Manuel García acollerá unha ludoteca de entroido para facilitar a conciliación familiar durante os días de vacacións escolares. A iniciativa está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar e conta coa colaboración do Concello de Oia.

As actividades están orientadas aos nenos de entre 3 e 12 anos. Do 24 ao 26 de febreiro, os pequenos participantes poderán divertirse no seu tempo libre facendo traballos manuais e gozando con xogos populares, maquillaxe e disfraces.

A ludoteca de entroido ten un prezo de 25 euros para os tres días, aínda que tamén existe a opción de ir días soltos (10 euros cada día). As prazas son limitadas. Máis información e inscricións en info@manunu.es e no teléfono 619 961 180.