Marcos Orsi e Luis Iglesias
Marcos Orsi e Luis Iglesias

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30 horas, a Culturactiva de Santiago de Compostela que presenta «Sénior». Avelino González dirixe o elenco conformado por Luis Iglesias e Marcos Orsi (os dous traballaron en Matalobos da TVG) nunha comedia que aborda a chegada aos 50 anos de idade.

“Sénior” achéganos unha reflexión en clave de humor, ríndonos de nós mesmos, sobre a chegada ao medio século. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permitiranos, ao longo de 70 minutos, rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moitos chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

As entradas están á venda en Cultura Tui ata este venres ás 12:00 horas, ou o propio venres dende ás 20:00 horas no despacho de billetes, aos prezos de 6€ e 5€.