Luis López

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar máis de 300.000 euros para que Nigrán impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia.

O presidente Luis López explicou que a institución segue “tendendo pontes cos concellos” grazas a este plan “que está a transformar a vida das veciñas e veciños dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia“ e do que xa está “practicamente repartida” a totalidade dos 48,2 millóns de euros cos que estaba dotado.

Con todo, Nigrán beneficiarase de 300.000 euros para executar as obras das redes de saneamento e de abastecemento na Pateira. Actualmente esta rúa, que une a dos Pazos coa igrexa de San Fiz, carece de saneamento e, nalgúns dos seus tramos tampouco hai traída de auga. O propósito é conectar a rúa coa rede existente, repoñendo a continuación o pavimento afectado.