Luís Villares de En Marea

Luís Villares, voceiro do grupo parlamentario En Marea, participará este venres, 2 de marzo ás 20:30 horas, no segundo faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que se tratará a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas, director do IEM, e moderará a xornada David Reinero, xornalista de Praza Pública.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.