A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba visitou recentemente as instalación da comisaría da Policía Nacional en Tui acompañada da comisaria provincial, Estíbaliz Palma.
Larriba percorreu a comisaría da Policía Nacional de Tui, onde foi informada polo responsable policial dos traballos que desenvolven a diario nestas dependencias. Así puido comprobar os servizos de estranxeiría, a elaboración de pasaportes e documento nacional de identidade (DNI) e a tramitación das peticións de asilo de persoas estranxeiras.
Posteriormente trasladouse ao Centro de Coordinación Policial e de Aduanas (CCPA), que se atopa nas antigas instalacións da fronteira con Portugal. Nestas dependencias foi informada do traballo que desenvolven os corpos e forzas de seguridade do Estado cos seus homónimos de Portugal.
Este é un dos cinco centros de intercambio de información policial que mantén as autoridades españolas e portuguesas na fronteira entre ambos países. Tras a aplicación do Tratado de Schengen en 1995 a desaparición física das fronteiras permitiu crear estas oficinas de coordinación de xeito que os corpos de seguridade de ambos países poidan en tempo real intercambiar información, tanto policial como aduaneira.