O “Rilla na rúa”, a feira gastronómica itinerante considerada xa un evento de referencia no verán galego, vén de marcar en Nigrán o seu récord histórico de público. Máis de 10.000 persoas desfrutaron xa da gastronomía dos preto de 20 foodtrucks e o programa de actividades da feira instalada dende o pasado 24 de xullo no Paseo da Ramallosa. O “Rilla na rúa” permanecerá en Nigrán ata o domingo cunha programación pensada para todas a idades e unha ampla oferta da mellor streetfood.

Ata ben entrada a noite do vindeiro domingo, o público poderá gozar a diario de, por exemplo, actividades infantís como obradoiros, pintacaras, HulaHopps, Fútbol Burbuja, etc; ademais, máis de 15 postos do Monkey Market poñen á venda produtos de artesanía.

Un dos pratos fortes da programación do Rilla na Rúa é a ampla oferta musical que ofrece. Durante estes días que quedan de evento, o público poderá disfrutar de distintos concertos -en estreita colaboración co Nigrán Jazz-, Dj,s e incluso doCar-Aoke de Mazda Augasa. Dende hoxe ata o domingo, os grupos que pasarán polo escenario do Rilla na Rúa son: Habana, Rms, Xía, Voodoo bandits, Thomas Dylan & Balea y Supersónica.

O “Rilla na rúa”, organizado pola empresa promotora de eventos Elemental Street, conta coa colaboración do Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra, Mahou e Deleite.