O CPI Arquitecto Palacios de Panxón festexou esta mañá o aniversario de Rosalía de Castro (24.02.1837) co concerto de arpa de Rodrigo Romaní Blanco, fundador de Milladoiro e da orquestra Sondeseu.

Esta iniciativa, na que colaborou o Concello de Nigrán, contou cun público de máis de 500 alumnos do propio CPI, o CEE de Panxón, CEIP Mallón e IES Val Miñor (estudantes da ESO). Romaní, acompañado doutra arpista, cantou e musicou en directo poemas de Rosalía como ‘Campanas de Bastabales’.

Para finalizar, alumnos de frauta do CPI Arquitecto Palacios interpretaron conxuntamente con Romaní ‘Negra Sombra’. Cada ano este centro educativo de Panxón ofrece un concerto adicado ao Día de Rosalía, como foi o de Uxía Senlle no 2019.