ALFREDO

Os representantes dos traballadores do Concello de Tui solicitaron a convocatoria urxente de unha mesa de negociación sen que a día de hoxe teñan resposta por parte do goberno local. O estudo dunha nova RPT, as melloras incorporadas polo goberno central en materia laboral, o pago das horas extras e o malestar no cadro de persoal polos ataques do alcalde o colectivo dos traballadores serían algúns dos asuntos a tratar na mesma.

O comité de empresa do Concello de Tui informa que foi solicitada a convocatoria urxente dunha mesa de negociación co goberno de Tui para tratar unha serie de temas que en opinión da representación do persoal están sendo deixados de lado polo goberno local. Desde hai meses están a espera de recibir información sobre a contratación dunha empresa encargada de realizar unha nova R. P. T. (Relación de Postos de Traballo), que serva para a adecuación a realidade actual dos traballadores , funcións e estruturas de mando e organizativas, compromiso adoptado polo alcalde diante da representación do persoal y do que non teñen noticias. Do mesmo xeito e preciso abordar de forma urxente asuntos como as melloras en materia laboral aprobadas polo goberno central que se deben incorporar en Tui, como xa fixeron en moitos dos concellos da provincia así como a negociación de postos de segunda actividade, pendentes de definir.

Un dos asuntos que mais preocupa o persoal son as horas extras pendentes de pago, que suman xa unha cantidade importante, e que a pesares de non cobralas as seguen a realizar a día de hoxe en moitos departamentos do concello, policía, loita contra a velutina, limpeza e outros. Tamén manifestan o seu descontento polos cambios nas condicións de traballo nalgúns postos sen que os delegados de persoal foran notificados .

Todos estes asuntos están pendentes de ser tratados en mesa de negociación sen que polo momento teñamos constancia de que vaia a ser convocada.

Os representantes dos traballadores queren facer público o seu malestar e mesmo enfado polos continuos ataques do alcalde os traballadores do concello, nun tento de desacreditalos diante dos veciños. Os traballadores do Concello de Tui son responsables, cómpren sobradamente coas súas obrigas e están permanentemente sobrecargados de traballo pola escaseza de persoal do Concello. Botarlle a culpa dos males do Concello de Tui os traballadores , non serve mais que para crear un clima de hostilidade que a ninguén beneficia.