ALFREDO

Ducias de persoas vulnerables social e economicamente, acoden todos os días aos Servizos Sociais do Concello buscando apoio ou axudas de todo tipo; dende poder acceder ao banco de alimentos cada vez máis escaso a tramitar unha pensión non contributiva, pasando por axudas para libros, gafas, o dentista, etc, etc, etc.

«Dende hai ano e medio aproximadamente que se xubilou unha das traballadora sociais até o día de hoxe, o devandito departamento segue con unha soa traballadora, coa conseguinte acumulación de traballo e co que iso implica á hora de atender aqueles casos coa rapidez e urxencia debidas, neste momento é algo imposible para unha soa traballadora social», afirman desde MM.

«Dende Manifesto esiximos do goberno municipal e do Sr Ferreira, que se deixen de tanta propaganda e anuncios nos medios e atendan ás persoas realmente necesitadas para que as súas condicións de vida non empeoren máis do que xa están», indican.

«Para isto é necesario contratar urxentemente a unha nova Traballadora Social, e sobro todo, aumentar o orzamento para os servizos sociais todo o que a situación demande, pois ás persoas en situación de vulnerabilidade social non lles serve de nada nin as festas, nin os eventos….nin os asfaltados de camiño. Senón poder pagar a luz, ter para comer ou poder pagar o alugueiro das súas vivendas. A campaña electoral non pode ocultar esta realidade», rematan