Nun comunicado de prensa, Antonio Araújo Quintas, de Manifesto Miñor-En Marea, critica a “precaria rede de saneamento” nas parroquias de Gondomar así como os cables do tendidos eléctrico que «están polo chan».

«Mentres o alcalde anuncia por enésima vez un “pipi can” á beira do Río Miñor que vai custar arredor de 85.000/€,  no barrio do Souto, na parroquia de Donas, as augas fecais saen coma un chafariz polas tapas dos sumidoiros dunha rede de saneamento precaria e mal construída co conseguinte problema de salubridade pública para veciños, augas de regadío e animais…. Pero ao Sr. Ferreira isto non lle preocupa pois a súa  política “do bonito fronte ao necesario”, que tan bos resultados electorais lle deu, insiste na idea de  que os “cartos soterrados” non locen», indica Araújo.

«Algo semellante pasa no camiño das Vacarías, na parroquia de Couso, onde os cables eléctricos da luz pública e que dá servizo ás vivendas, leven meses polo chan sendo trillados polos vehículos e pisados por persoas e animais…ata que pase unha desgraza», afirma.

«Pois ben, dende o grupo municipal de MM-EM presentamos dúas mocións para seren debatidas no pleno deste mes, e obrigar ao goberno municipal do PSOE e do Sr Ferreira a resolver estes dous asuntos tan urxentes», finaliza Araújo.