Concello de Gondomar
ALFREDO // Concello de Gondomar.

O grupo municipal Manifesto Miñor presenta ao pleno do xoves, 18 de xaneiro, unha moción para a defensa do comercio local. Na mesma, indican, destácase que o modelo de grandes superficies que algúns sectores prentenden implantar é un desastre económico e laboral.

Sen ir máis lonxe a implantación de Marineda City na Coruña trouxo consigo o peche doutro grande centro comercial como era Dolce Vita, así como o peche de 4.000 comercios e a perda de 6.000 postos de traballo. Todo iso nunha área que conta cunha poboación superior aos 900.000 habitantes,” afirman dende Manifesto Miñor.

“Gondomar atópase na área de Vigo que ten unha poboación que apenas supera os 700.000 habitantes, no cal se pretende construir un centro comercial a poucos quilómetros do noso concello. O desenvolvemento deste centro tería consecuencias desastrosas para o comercio local de Gondomar e toda a comarca do Val Miñor pola sua proximidade”, apunta o concelleiro de comercio e turismo, Xosé Antón Araúxo Rodríguez.

O comercio local reúne uns 20.000 negocios na área de Vigo que dan traballo a 30.000 persoas. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%. “É obriga dos responsables políticos defender o modo de vida dos/as nosos/as conveciño/as, polo que agradamos o apoio unánime de toda a Corporación Municipal,” finaliza Araúxo.