Manuel Blanco Desar (Santiago de Compostela, 1965), presentará este venres, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, a súa última obra, o ensaio “Una sociedad sin hijos. El declive demográfico en España y sus implicaciones”.
Economista e politólogo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), está especializado en política europea. Tamén exerceu a avogacía e o asesoramiento xurídico no ámbito do dereito da competencia.
Colaborou como articulista no Diario 16, Atlántico Diario e La Voz de Galicia, entre outros medios. Os seus artículos centranse na sostenibiblidade das pensións e no futuro demográfico. Apaixoado europeísta, foi impulsor da Asociación Federalista Europea durante a década dos 90.
Blanco Desar propón, coma unha das solucións, abrilas fronteiras de Europa á inmigración. Só con migrantes España pode salvar o seu estado de benestar: a inmigración como salvación das pensións, Seguridade Social, educación e saúde.