Manuela Rodríguez Pumar

O Bloque Nacionalista Galego celebrou no día de onte unha asemblea local para elixir a persoa que encabezará a candidatura para o Concello de Gondomar nas vindeiras eleccións de maio de 2019. Por unanimidade, a elección recaeu en Manuela Rodríguez Pumar, decisión que deberá ser ratificada polos Consellos Comarcal e Nacional do BNG.

Ademais da elección de Manuela R. Pumar, a asemblea local do BNG aprobou os criterios para a confección do conxunto da candidatura e as bases para a elaboración do programa. Este documento será redactado logo de cumprir un programa de visitas ás parroquias, conversas cos distintos colectivos e encontros coa veciñanza en xeral, encamiñados a incorporar as propostas da sociedade ao noso proxecto para o concello.

Manuela R. Pumar é unha persoa coñecida en Gondomar, recoñecida polo seu traballo nos ámbitos veciñal e cultural, moi implicada na política municipal e que participa activamente nas reivindicacións sociais. O seu obxectivo para estas eleccións: “…Recuperarmos a presenza do BNG no Concello e sermos determinantes para a formación dunha maioría de goberno, participativa e que atenda ás necesidades da veciñanza. Temos un proxecto para Gondomar”.