A empresa Matinsa gañou a concesión do servizo de intervención en emerxencias da provincia de Pontevedra no 2012.
O órgano encargado de velar polo bo funcionamento do servizo é o Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, formado por Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra ao 50%. A pesar de ser a concesión administrativa máis cuantiosa da Deputación de Pontevedra, máis de 21 millóns de euros, o Consorcio é incapaz de salvagardar a calidade do servizo e o mantemento do mesmo.
Inspección de Traballo pronunciouse, baixo ameaza de sanción á empresa, en 19 puntos dos expedientes en prevención de riscos laborais. Nestes puntos hai infraccións tan graves como:
- Carecer de equipos de protección anticorte para motosierras. Durante 6 meses os bombeiros da provincia de Pontevedra non podían acudir ás caídas de árbores e ramas que afectaban á seguridade dos cidadáns.
- Prohibir o traballo en gabias. Os bombeiros do consorcio teñen prohíbido actuar en sinistros en gabias ao considerar Matinsa que teñen que empregar medios de fortuna.
- Atrasos en reparacións de camións. Vivíronse meses nos que o único vehículo operativo en rescates de altura en edificios tiña sede en Ribadumia o que representa un tempo de resposta excesivo no caso de evacuación dun edificio por un incendio.
A falta de formación por parte de Matinsa. Como mellora á hora de facerse co concurso ofertou unha mellora de 63,25 horas/efectivo/ano. Esta falta de formación continua obriga os bombeiros a buscar e pagar do seu peto a maior parte da formacion que realizan.
Non se cobren baixas de persoal de longa duración. Das 7 baixas que a día de hoxe conta o consorcio 5 son de longa duración ( máis de 6 meses). Esta situación leva a que Matinsa está a restar bombeiros ao servizo, incumplindo os pregos e os Servizos Minimos decretados polo Consorcio Provincial.
Aténdense incendios e accidentes con 3 bombeiros e non 4 ou 5 como marca o calendario inicial. A pesar da existencia nas cláusulas do concurso dunha bolsa de traballlo Matinsa négase a incorporar novo persoal embolsándose estes salarios con total impunidade. O Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento obriga a manter unha bolsa de 13 traballadores formada e preparada para cubrir o servizo pero nin Xunta de Galicia nin Deputación de Pontevedra son capaces de esixir a Matinsa que repoña ese persoal.
Estes feitos son os que motivaron a recente folga do Servizo contra Incendios e Salvamento da provincia. Á negativa dos traballadores para realizar horas extraordinarias, Matinsa obrigou aos bombeiros para cubrir as baixas dos seus compañeiros. Nesta obrigación a empresa cita as ?necesidades do servizo? coma se dunha intervención tratásese o cubrir aos traballadores que están de baixa laboral. Isto vulnera o dereito de protesta e as quendas de descanso de persoal en época estival.