Membros da Agrupación Deportiva Vincios participan nunha xornada de eliminación de eucaliptos

Este domingo pola mañá, membros da Agrupación Deportiva Vincios, e gran parte da plantilla dos xogadores dos equipos de tenis de mesa, participaron durante 3 horas nunha xornada de arrincamento de eucaliptos que rebrotaron nestes últimos meses despóis dos incendios do ano pasado na Serra do Galiñeiro.

Foi a súa resposta o chamamento da CCMM de Vincios. Dende a entidade deportiva animan a todos os colectivos que participen nestes arrrincamentos para por o seu gran de area a reforestación dos espazos naturais e axudar as comunidades de montes que están a traballar a reo para que os montes sexan espazos multifuncionais e recuperen os diferentes ecosistemas que se degradaron na vaga de lumes do 2017.

Este traballo engádese o realizado por voluntarios o día anterior, sábado, convocados pola Concelleria de Medio Ambiente do concello de Gondomar.

Membros da Agrupación Deportiva Vincios participan nunha xornada de eliminación de eucaliptos