Mercedes Martínez

Mercedes Martínez do BNG, que resultou elexida o pasado 26 de maio Presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, tomou onte posesión do seu cargo.

Nun acto cargado de emotividade, a recén elexida presidenta, tomou a palabra para agradecer a presenza alí de todos os camposinos que a acompañaban e ofrecer a man tendida as outras forzas políticas con representación na ELM.

Noutro momento da súa intervención Mercedes Martínez, quixo deixar clara a importancia da participación veciñal como unha das características deste novo mandato sinalando “a xestión desta comunidade vai ser ante todo democrática, vai haber xuntanzas periódicas para informar as veciñas e veciños do traballo a desenvolver».