Este pasado sábado celebrouse no pavillón Xurxo Otero de Panxón, o VIII torneo de xadrez Dani da Rocha Prol, na que participaron un total de 186 xadrecista encadrados nas categorías sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 20.

O torneo celebrouse a sete roldas, na que se proclamaron campións na categoría sub 8, Antón Lorenzo Mosquera, do club xadrez Ourense, con seis puntos. Segundo foi Saúl Costas Senlle, e terceira Maia Pérez Sousa, ámbolos dous do xadrez Mos.

Na categoría sub 10 proclamouse campión Iago Fernández Ramos, do Xadrez Brétema, facendo pleno de vitorias. Na segunda posición situouse Mateo Dibuja Conde, da universidade de Vigo, e na terceira posición, Serfgio Diniz López, de xadrez Narón.

Na categoría de sub 12 proclamouse campión Alejandro Cereijo Suárez, de xadrez Compostela con 6,5 puntos. Segunda foi Pura Diéguez Novoa, do xadrez Benchoshey e terceira Paula Suárez Gómez.

Na categoría de sub 14 proclamouse campión David Cernadas Camean, con 6 puntos, do club xadrez Bretema, na segunda posición rematou Luis Joaquín Alonso Pacheco, da escola de xadrez Pontevedra, na terceira posición rematou Xavier Pérez Ochandategui, do circulo Chantadino.

Na categoría sub 20 proclamouse campión do torneo Xulio del Prado Rodríguez, con 6,5 puntos, do xadrez Tui, en segunda posición rematou Rubén Fernández López, da escola de xadrez Pontevedra, e na terceira posición, Marcos Vázquez Gómez, do xadrez Ourense.

Por outra banda, dende o 22 o 25 de xuño vaise celebrar en Pamplona os campionatos de España por autonomías nas categorías sub 14 e sub 16, onde formaran parte do combinado galego na categoría sub 16 os laroqueiros Artai Bringas Gómez e Ana Fernández Carneiro.