Monólogo de Avelino González en Nigrán
TVG // Avelino González foi Miñato na serie da TVG, Padre Casares

O Concello de Nigrán ofrece este venres, ás 20:30 horas, no auditorio municipal, dentro da programación especial do ‘Ano Casares’, o monólogo de Avelino González titulado ‘Entre un galo e un polbo’.

Neste espectáculo o artista repasa anécdotas da vida e obra deste xenial escritor afincado durante máis de vinte anos en Nigrán (e enterrado no municipio) co obxectivo de voltar a gozar da súa literatura e de descubrilo a quen non o coñeza. A entrada é de balde.

O actor, director, tradutor e monologuista Avelino González (Vigo, 1962) foi un dos fundadores de Tranvía Teatro e tamén de Ollomol Tranvía, sendo popularmente coñecido polo papel de ‘Miñato’ na serie da TVG ‘Padre Casares’