PARAMOUNT COMEDY // Enrique El Grande

O cómico «Enrique El Grande», ofrecerá este venres, ás 23:30 horas na A. Social de Estás, Tomiño, e con entrada de balde, un monólogo.

Fincado en Madrid desde fai xa máis dunha década, Mallorca foi a cidade onde rubricou os seus comezos no oficio de cómico. En 2003 foi gañador do concurso de Paramount Comedy e tamén foi colaborador do programa televisivo ‘Sabías ao que viñas’, ademais de participar no Club da Comedia.

Sempre destacou no terreo da improvisación e así o demostrou nos numerosos escenarios que foi pisando ao longo da súa traxectoria, onde tamén resulta relevante a súa capacidade para interactuar co público. Formou un dúo humorístico xunto a Luís Larrodera.