Co lema “En Salcidos, por San Xoán, o churrasco molla o pan”, a praza da localidade guardesa acollerá este sábado as Festas de San Xoán.

O acto contará con fogueira, música e churrasco. O prezo da churrascada é de oito euros e inclúe costela, criollo, pan, auga e viño.