O grupo de voluntariado do Concello de Tomiño organiza o «Club de Lectura Adolescente». A actividade, gratuíta, comezará en breve e terá lugar no Espazo Fortaleza, de Goián, todos os sábados do verán, de 19.00 a 20.30 horas. As persoas participantes recibirán, de balde, o primeiro libro.
Entre os obxectivos do obradoiro, máis alá de mellorar a comprensión lectora e a lecto-escritura, figura o de que a mocidade reciba ferramentas para unha educación crítica e habilidades para a oratoria.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico a: omix@tomino.gal.