O Obradoiro de Emprego Valmiemprega3, na especialidade de promoción turística local e información ao visitante, realizou unha visita guiada interpretativa pola Foz do Miñor, para os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria do CEP de Sabarís.

O itinerario comezou dando a benvida na Aula didáctica do centro antena de Sabarís, dedicada á interpretación da Foz do Miñor, onde recibiron unha pequena charla e infomación do que logo verían na ruta.

Fíxéronse varias paradas ata chegar a Praia da Ladeira, onde se observaron as aves, as especies de plantas da marisma, a zona onde se levaba a cabo o marisqueo, entre outras, para finalizar na praia da Ladeira á beira da zona de recuperación dunar.

O obxectivo destes itinerarios interpretativos é coñecer e valorar o espazo protexido da Rede Natura A Ramallosa, ao mesmo tempo que aprenden a distinguir a fauna e a flora. 

A actividade tivo moi boa acollida por parte dos cativos, quen disfrutaron moito da xornada didáctica.