O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza o “Campamento de Verán 2019” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

O campamento está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 25 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres.

O período de inscrición comeza o día 2 de maio e finaliza o día 23 de maio. O campamento desenvolverase nas instalación do CPI Arquitecto Palaciós. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na páxina Web do Concello de Nigrán.

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383 081, correo electrónico: cim@nigran.org.