Portada do libro "Os nomes do terror"

Seguindo co fío de ” Nigrán a través da Memoria”, o vindeiro martes 7 de novembro ás 20:00 horas, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co concello de Nigrán, o auditorio municipal acollerá a presentación do libro “Os nomes do terror”.

Trátase  dun achegamento ao estudo dos represores e represión franquista no Val Miñor.
Coordinado polos historiadores Xosé Ramón Ermida, Dionisio Pereira, Eliseo Fernández e Xoán Carlos Garrido.

Nel participan moitos dos principais investigadores desta época en Galicia, como Emilio Grandío, Carlos Nuevo Cal, Bernardo Máiz, Xosé Álvarez, Manuel Pazos, Judith Carbajo, Ana Cebreiros, Carlos F. Velasco ou Julio Prada.

Intervendrán na presentación:

  • Xosé Lois Vilar. Historiador.
  • Xoán Carlos Garrido. Coordinador do libro.
  • Xosé Álvarez Castro. Co-autor do libro.
  • Marga Romero Lorenzo. Conselleira de Sermos Galiza.