O alcalde de Nigrán, Juan González, e o Presidente de Afaga Alzheimer, Juan Carlos Rodríguez mantiveron este venres unha reunión no Concello na que se revisou e avaliou o programa de atención a persoas con demencias que se desenvolve na localidade.
O Concello acordou co representante de AFAGA en reforzar a calidade do programa municipal de atención a persoas con Alzhéimer iniciado no 2016 dotándoo dun programa de novas tecnoloxías e novos equipamentos tecnolóxicos para o seu uso terapéutico. Así, novos usuarios poderán beneficiarse da sala snoezelen ou sala de estimulación e do software Gradior de rehabilitación neuropsicolóxica na en o concello ten invertido 17.155 €
«O centro de Alzhéimer de Panxón xestionado por AFAGA é xa un referente na atención das persoas con demencias, dende 2017 son 12 as persoas, dous días a semana, que se benefician de este servicio. Coa posta en marcha deste programa ampliarase un día máis a asistencia e duplicarase o número de usuarios», sinala o alcalde, Juan González. Deste xeito, o Concello complementa e amplía o rango de atención que xa se viña prestando a través das novas tecnoloxías e de terapias vangardistas que inicialmente se tiñan aplicado en discapacidade e que nos últimos anos se extenderon ao Alzhéimer.
Ademáis do Centro referente de Panxón o concello de Nigrán quere descentralizar os seus programas con AFAGA nas parroquias máis alonxadas dos centros urbanos e por elo inicia de xeito inmediatou un programa de prevención ó deterioro e envellecemento activo en Chandebrito que, si ten boa acollida entre as persoas maiores, implatarase en outras parroquias como Parada ou Camos.