O Concello de Nigrán ven de conceder 45.000€ as entidades deportivas, cultuáis e veciñais. O Concello realizou un ano máis a convocatoria co obxecto de apoiar o desenvolvemento de programas ou actividades das entidades e que complementan a programación dos servicios municipais e que se realizan con carácter público durante o ano 2019.
Para as actividades de fomento da práctica deportiva concedéronse 22.000€ a 15 entidades e 5.200 euros a outras 11 no apartado de fomento do deporte; destínanse 7.300 euros a cinco entidades culturáis e 10.000 euros a 8 entidades polo fomento do Asociacionismo.
Coa mesma intención de facilitar o traballo ás asociacións veciñáis vense de asinar un convenio para que a Asociación de Veciños “A Irmandade” de Priegue use a antigua escola unitaria, pechada dende hai anos. Á rehabilitación da escola redistribuíu o seu espazo para facer dúas novas estancias, unha para oficina e outra para aseo adaptado, ademáis de manter unha zona para espacios comúns. Dotouse tamén de nova instalación eléctrica e de fontanería, novos solados e alicatados e completo pintado. Finalmente, a cuesta de acceso conta cunha baranda de aceiro inoxidable e rectificouse a súa pendiente para que resulte accesible.
A remodelación integral da vella escola unitaria complentouse coa creación dunha zona de parque infantil e mobiliario urbano e a instalación dunha pista multideportes e unha cancha de petanca de 3×14 metros.