Dende o pasado mes de xullo o Concello da Guarda está conectado ao SIR (Sistema de interconexión de rexistros), o que permite dende esa data facer envíos a calquera outra administración de xeito electrónico, sempre e cando esta tamén estea conectada a dito sistema.

Deste xeito, o servizo do Portelo da Xunta de Galicia xa non está en funcionamento, polo que os envíos faranse a través do rexistro do propio concello. Poderán acceder a este servizo de envíos a outras administracións (Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administracións Autonómicas, Administración Local…), calquera das persoas que non estean obrigadas a relacionarse de xeito electrónico coa administración.