Aqualia Nigrán
Obras realizadas por Aqualia en Nigrán

Nigrán Decide dubida que se vaian realizar os investimentos anunciados a cambio da prórroga por cinco anos da concesión do abastecemento e saneamento da auga, “pois o goberno municipal non facilita ningún documento administrativo que comprometa a Aquialia a realizalos, a pesar de que o noso grupo municipal pediu unha copia ao alcalde, do compromiso de Aqualia de investir 375.000 euros na rede de abastecemento, e ninguén na administración do concello coñece a súa existencia” comentan dende Nigrán Decide.

Para o noso grupo municipal“, explica o seu portavoz José Cuevas, “o máis importante é que a rede de abastecemento de auga do concello chegue a todo o municipio e, por suposto, ás parroquias de Parada e Camos. Sen embargo non pode quedar nunha simple promesa e, se xa se incumpriu por parte da Xunta de Galicia, un convenio que a obrigaba a levar o abastecemento a estas parroquias, que garantías temos de que A pesar de que se lle pediu, o alcalde non acredita nun documento administrativo o compromiso de Aqualia de investir 375.000 euros. cumpra se non existe ningún documento que acredite a obriga para realizar este investimento anunciado na prensa a cambio da prorroga“, pregúntase Cuevas, “para sinalar que na administración non valen as promesas nin os contratos verbais”.

Nigrán Decide presentará unha moción para que non se prorrogue o contrato de abastecemento e saneamento de auga.

A pesar de que este mércores finalizou o prazo para presentar a copia de tal documento administrativo, “o grupo municipal de Nigrán Decide dá de prazo até este xoves ás 19:00 horas, unha hora antes de comezar o pleno, para que lle entregue o documento que acredite que o investimento que se vai a realizar a obra, e que non é unha simple promesa que se pode cumprir ou non. Máis aínda, cando o cumprimento de dita promesa depende dunha empresa privada, cuxo obxecto é ter beneficios, e non do Alcalde nin do equipo de Goberno. En caso de que o goberno municipal non facilite esa documentación, o grupo municipal presentará unha moción para que non se prorrogue o contrato de abastecemento e saneamento de auga” expón Cuevas.