ALFREDO

Nigrán Decide presenta unha moción solicitando a elaboración do terceiro plan de igualdade do Concello de Nigrán, «que deberá ser elaborado a partir dunha avaliación do anterior plan, tendo en conta as conclusións que aporte a diagnose sobre a situación de mulleres e homes na vila, seguindo unha metodoloxía participativa, debendo ter entre o seus principais obxectivos a erradicación da violencia de xénero, así como as desigualades existentes entre homes e mulleres en todas as súas vertentes«, indican dende a formación política.

«O terceiro plan de igualdade de Nigrán«, dicen, «deberá servir para diminuír a brecha entre homes e mulleres en aspectos como a participación, o emprego, a formación ou a corresponsabilidade e a concienciación».

Para Nigrán Decide este plan deberá evitar a consideración de metas demasiado amplas que non sexan factibles na realidade de Nigrán, deberá ser aberto e flexible para permitir axustarse á realidade en función das necesidades e novas posibilidades que poidan xurdir, e dinámico para que poida someterse aos cambios necesarios para adaptarse ás necesidades locais do momento.