Nigrán invierte más de 14.500 euros en instalar Wifi gratuita en cuatro espacios públicos

Nigrán Decide preguntou pola seguridade no tratamento de datos da rede WIFI gratuíta do Concello, pondo de manifesto o descoñecemento de que eses datos, entre os que se encontran os correos electrónicos, a idade e os perfís sociais das persoas que accedan a esta rede a través de redes sociais, «están sendo almacenados por unha empresa de Badalona, coa que o Concello de Nigrán non ten ningunha relación contractual».

Esta empresa, indican, «que na práctica é a encargada do tratamento destes datos, debería ser nomeada como encargada por parte do Concello, polo que aparentemente estanse transferindo datos de forma ilegal a esta empresa».

Ademais, Nigrán Decide solicitou información por escrito, por dúas veces, os datos do titular e todos os responsábeis do tratamento dos datos obtidos mediante o acceso e navegación a través da rede WiFi gratuíta ofrecida polo Concello de Nigrán e o tipo de datos que se almacenan, así como dos titulares dos soportes físicos onde se gardan copia e se almacenan os datos e a copia dos contratos que vinculan ao Concello con ditos responsábeis.

«Ante a falta de resposta do goberno municipal, o grupo municipal de Nigrán Decide presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo pola posible violación por parte do goberno dos dereitos fundamentais da veciñanza de Nigrán, non contestando tampouco o goberno aos requirimentos da Valedora do Pobo«, sinalan.

«Dá a impresión de que o goberno municipal activou unha rede WIFI ilegal, que estivo transferindo datos da veciñanza de Nigrán, e agora non é capaz de recuperalos«, engade José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide e finaliza decindo qeu «o goberno debe recuperar os datos transferidos e poñer en funcionamento a rede WIFI do concello dentro da legalidade. Nigrán Decide, que ve positiva a existencia desta rede, esixe ao goberno municipal que a poña en funcionamento con todas as garantías legais».