Convocan una huelga que afectará a las bases de ambulancias de Baiona, Nigrán, Tui y A Guarda
RUBENS // La ambulancia asistencial del 061 de Baiona.

Desde que o Decreto de Transporte Sanitario aprobado pola Xunta de Galicia a primeiros do 2011 suprimiuse unha ambulancia do 061 no servicio de noite con base en Baiona. O Val Miñor quedou só co vehículo de emerxencias da Xunqueira para atender todas as posibles incidencias dos tres concellos en horario nocturno de domingo a xoves.

Isto xa motivou que naquela que o concelleiro e portavoz municipal do BNG en Nigrán, Xavier Rodríguez, presentase unha das súas primeiras mocións para protestar contra esta supresión, sendo aprobada polo Pleno pero con nulo eco na Consellería.

“A consecuencia disto é que hai unha soa ambulancia dispoñible para atender unha poboación de 44.000 persoas, que se ven multiplicadas en períodos vacacionais, o que supón que cando está ocupada nunha emerxencia e se produce outra, ten que acudir unha de Vigo con tempos de resposta superiores á media hora, o que ten provocado xa situacións de máximo risco“, sinala Rodríguez.

Ademais o Pleno do Concello de Nigrán insta tamén á Consellería de Sanidade á ampliación do horario de especialidades (radioloxía, fisioterapia, saúde mental) do centro de saúde do Val Miñor, que abrangue a toda a comarca.

“Compre sinalar que tanto esta demanda como a de reposición da segunda ambulancia, foron obxecto de sendas emendas do BNG aos orzamentos da Xunta deste ano, emendas que, como era previsible, foron rexeitadas“, indica o nacionalista.

A iniciativa aprobada insta tamén á administración autonómica a tomar unha serie de medidas, fundamentalmente en materia de persoal e recursos sanitarios, para paliar as graves carencias que neste aspecto comparte O Val Miñor con outras comarcas, pero que son especialmente acusadas na área sanitaria de Vigo.

A este respecto, o concello demándalle ao Conselleiro de Sanidade e ao Xerente da Área de Vigo do SERGAS, a estabilidade dos cadros de persoal, contratos estábeis, substitución de profesionais ou aumento de prazas de formación de especialistas, ademais da redución das listas de espera tendo operativos todos os recursos dos que dispón o Sergas.

Por esta razón a Corporación de Nigrán acordou remitir este acordo á Consellería de Sanidade e a Xerencia de Xestión Integrada da Área de Vigo do SERGAS, sumándose á preocupación que en toda a sociedade está provocando o deterioro da asistencia sanitaria, que se revelou con toda a súa gravidade na dimisión dos xefes de servizo da práctica totalidade dos centros de saúde da área de Vigo, incluídos os de Gondomar, Baiona e Nigrán.