ALFREDO

O Concello de Nigrán ven de iniciar o procedemento aberto e simplificado de contratación do asfaltado de nove rúas nas parroquias de Priegue e Panxón cun investimento total de preto de 100.000 euros con cargo ao Plan Concellos 2019.

Concretamente, en Priegue destínase un importe de 30.000 euros para Raña, Andiana, Camiño Vello, Lavadeiro e Camiño Monte; e, en Panxón, 68.800 euros para Camiño Pastora, Lousas, Lagoa-Seixo e Redonda.

Unha vez iniciado o expediente agárdase que as obras estén rematadas antes do verán ou inicios do mesmo.