Archivo

O Concello de Nigrán estrea este venres o seu programa destinado aos maiores do municipio ‘Coñecendo a pé a nosa contorna’ cunha andaina polo camiño portugués pola costa dende Priegue á Ramallosa.

O obxectivo deste novo programa de lecer deseñado para a xente de idade é promocionar o exercicio físico e a socialización, dúas cuestións fundamentais para manter unha vida saudable.