O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este ano 2019, no que se inclúen un total de 5 andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos serán en Galicia e Portugal.

As andainas terán inicio o sábado 23 de febreiro cun percorrido pola Ecopista ao carón do Río Miño entre Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho, seguida dunha ruta polo Sendeiro do Tea o sábado 9 de marzo, a ruta de Peneda a Sistelo o sábado 6 de abril, a ruta da Pedra e da Auga e do Río San Martiño, o martes 1 de maio e rematarán coa ruta do Sendeiro do Miradoiro de Matacás o sábado 1 de xuño.

Dende este luns, 4 de e ata o venres 8 de febreiro, ábrese o prazo de inscricións para esta actividade. Os interesados deben inscribirse na Oficina de Turismo situada no Concello antigo, poden chamar ao teléfono 986 61 45 46 ou mediante mail turismo@aguarda.es.

As prazas son limitadas porque se emprega un autocar para o traslado dos participantes. Terán prioridade aquelas persoas que asistan ás 5 andainas.