Novo ciclo de cine no Club Poleiro

O próximo xoves, 4 de outubro, o cineclub Poleiro proxecta Custodia compartida, no auditorio de Goián ás 21:30 horas.

Custodia compartida ,dirixida por Xavier Legrand fala da impotencia das vítimas de maltrato. Comenza coa loita dunha parella sobre a custodia dos dous fillos, de 11 e 18 anos. Un xuiz lee a carta, na que o neno insiste en que non quere ver a seu pai, diante das partes e das suas avogadas. Discuten sobre a falta de probas para sustentalo e a veracidade dos argumentos. A película plantexa se un home que maltrata á súa muller pode ser un bó pai.

Premios: León de Prata en Venecia, 2017

Programa:

  • Xoves 8 de novembro, o cineclub Poleiro proxecta Get Out, Déixame sair , unha película estadounidense, de terror ,dirixida por Jordan Peele. Un retrato do racismo en EE.UU, disfrazado de cine de terror. Narra dous dias de desacougo cando unha parella interracial vai presentar o mozo negro, á familia dela, brancos e acomodados.
  • Xoves, 3 de decembro chega The Square película sueca dirixida por Rubén Östlum. Trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte, e as reaccións que provoca. Ganou a Palma de Ouro en Cannes, 2017.
  • oves 1o de xaneiro, En cuerpo y alma, comedia húngara , o séptimo traballo da directora Ildycó Enyedi. Unha inusual historia de amor nun lugar inusual,un matadoiro no que traballan os dous   protagonistas.

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia. Máis información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337. Hai un bono de participación de 10 euros.

Novo ciclo de cine no Club Poleiro