Este venres, ás 20:30 horas, no Centro Neural de Gondomar, terá lugar unha asamblea aberta do Voluntariado Medioambiental do Concello de Gondomar, á que están convocados os máis de cen voluntarios inscritos, e por suposto quen queira participar de novas.
O obxecto da mesma é planificar e acordar o novo curso medioambiental que xa comeza. Para a concellaría de Medio Ambiente resulta fundamental a participación do voluntariado na toma de decisión e na planificación das actividades a desenvolver.
Orde do día:
- Información da situación actual.
- Vixilancia dos montes meses de setembro/outubro (meses críticos, en coordinación coas CCMM, policía local, etc).
- Segunda «arrincada» de eucaliptos. (en colaboración coas ccmm)
- Proxecto ríos (limpeza de ríos o último domingo de setembro)
- Actividades a realizar: andainas, charlas, proxecccións, etc.
- Rogos e preguntas.
Dende a Concellaría de Medio Ambiente animan á toda a veciñanza do Concello a participar neste voluntariado e nas actividades que se programen, polo seu interese e polo valor simbólico e de cración de conscienca medioambiental que teñen.
