A tarde do pasado luns, no Auditorio do Anxo Bedriñana iniciouse o curso “Xogando con Risas Aseguradas”, escollido pola concellería de Servizos Sociais dentro do programa promovido pola Deputación de Pontevedra “Tezendo Lazos”.

Ao comezo deste obradoiro, que se desenvolverá ata o próximo venres polas tardes de 16:00 a 19:30 horas, asistiron a Deputada Provincial, Iria Lamas, e o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez. Nesta pequena visita ambos lle deron a benvida aos participantes deste curso «desexándolles que gocen moito desta experiencia e sobre todo que aproveiten o tempo de lecer que van compartir entre nenos e maiores, xa que o obxectivo deste proxecto é unir os lazos entre as distintas xeracións que forman unha familia».

A concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara, quere agradecer aos usuarios do obraoiro por participar en cursos como estes xa que melloran as relacións entre cativos e maiores e poden compartir experiencias do seu día a día.