El Concello de Tomiño restaura el tejado del centro escolar Mestre Manuel Garcés
Colegio Rural Agrupado Mestre Manuel Garcés (archivo)

O equipo da Biblioteca do CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés de Tomiño, prepara co fin de conmemorar o Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo, unha instalación artística, que poderá verse no primeiro andar do mercado municipal, entre os días 7 e 21 de marzo.

“Queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres do noso alumnado”, explican dende a biblioteca do centro. Trátase dunha montaxe baseada na obra “Over the continents” da artista Chiaru Shiotta.

Cada neno ou nena achegará un zapato dunha muller da súa familia e unha fotografía da dona do calzado, desempeñando a súa profesión ou oficio. “Todas son válidas, dende a da ama de casa até a da panadeira, costureira ou farmacéutica”, sinala Antón de Valenzuela, director do CRA. Segundo el, o que perseguen dende a institución é “ poñer en valor o papel da muller, tomando coma referencia as mulleres máis importantes da vida dos nosos estudantes, e tecer así, unha rede de mulleres valorosas da nosa contorna”.